jueves, 12 de diciembre de 2013

LP Djalminha // Hotel Faras // Violencia Guay // Camisetas Liceo Mutante

LP DJALMINHA




Se todo vai segundo o previsto, na primeira ou segunda semana de xaneiro teremos por fin entre as mans o noso primeiro LP, tamén chamado Djalminha, aquel que grabamos nos Estudios Pastora de Vigo e que verá a luz grazas a Chingaste la Confianza e Níquel Press. Este é o aspecto que terá por diante e por detrás. Por certo, xa se pode escoitar Paul Scholes, o tema que ofrecemos como avance, no no noso bandcamp.

If everything goes as planned, in the first or second week of January we´ll finally have between our hands our first LP, also named Djalminha, the one that we recorded at Estudios Pastora in Vigo and the one that will see the light thanks to Chingaste La Confianza and Níquel Press. This is going to be its front and back look. By the ways, Paul Scholes, the song that we offer as an advance, can be already listened at our bandcamp.



HOTEL FARAS




Xa está dispoñible Hotel Faras, un novo álbum colectivo de Ultrarradio. Nun misterioso hotel van ocorrendo, ó longo dos anos, unha chea de historias ben raras e paranormais. Eu participo con Forforcio, unha historia de catro páxinas que comeza tal como podedes ver aquí arriba.

Hotel Faras, a new collective album published by Ultrarradio, is already available. During the years, in a misterious hotel, a lot of very weird and paranormal stories go happening. I take part with Forforcio, a four-page story which starts just as you can see over here.



VIOLENCIA GUAY

O gran fotógrafo e incluso mellor amigo Jaime Olmedo, veu visitar Violencia Guay, a miña exposición en Madrid xunto a Manuel Donada como parte da programación de Villamanuela, e sacou unhas poucas fotos ben curriñas (como sempre fai). Debo dicir que boto en falta algunha foto máis amosando os incribles debuxos de Donada, pero de tódolos xeitos estou profundamente agradecido a Jaimito polo seu excelente traballo e por terse preocupado de documentar o meu traballo, algo no que eu non son moi bó. Botádelle un ollo ó seu traballo aquí; paga a pena.

The great photographer and even better friend Jaime Olmedo came to visit Violencia Guay, my exhibition in Madrid with Manuel Donada as a part of Villamanuela Fest, and took some nice pictures (as he always does). I must say that I miss some more pictures showing Donada´s amazing drawings, but anyway I´m deeply grateful to Jaimito because of his excellent work and for taking care of documenting my work, something I´m not very good at. Take a look at his work here; it's worth it.



 Tomando unhas notas diante dun sospeitoso bocata de Donada. 
Taking some notes in front of a suspicious sandwich drawn by Donada.




CAMISETAS LICEO MUTANTE

Fíxenlle unha leve cirurxía estética ó meu vello deseño para unha nova edición das camisetas do Liceo Mutante. 

I made a slight plastic surgery to my old design for a new edition of Liceo Mutante t-shirts.






No hay comentarios: